Ver aVes na Serra do Páramo (Sarria)

Iniciamos o percorrido dirixíndonos en coche á serra do Páramo, moi preto de Ferreiros.

Alí visitaremos os sartegos excavados na rocha a carón da ermida do San Marco (a mais de 800 metros de altitude). 

Dende aquí descubriremos unha impresionante vista panorámica da depresión de Sarria e das serras orientais de Galicia.

Logo percorreremos a pé a ampla superficie de campiña e mato que hai nas ladeiras da serra e que alberga unha moi interesante avifauna como a águia cobreira, a tartaraña cincenta, o picanzo vermello, a papuxa común, o chasco común, o tordo charlo, a escribenta riscada, a papuxa do mato, o paspallás, o picanzo real, o lagarteiro
sartegos excavados na rocha e vista panoramica dende a serra do Paramo
Macho de Chasco común (Saxicola torquatus)
Pequeno e presumido, sempre se coloca no alto dun arbusto para sair ben na foto
Foto: Ven Ver aVes
Águia cobreira (Circaetus gallicus)
Preciosa rapina que nos visita dende a primavera e se temos sorte verémola en acción cazando unha cobra
Foto: ferran pestaña via photopin cc
Femia de Lagarteiro común (Falco tinnunculus)
Por esta zona tamén lle chamamos tecelán. Ven Ver aVes connosco e contámosche o porqué dese nome
Foto: Smudge 9000 via photopin cc
Macho de Picanzo vermello (Lanius collurio)
Descubre o macabro xeito que ten de torturar as súas víctimas este depredador enmascarado
Foto: Mick Sway via photopin cc