Rutas para Ver aves

Non sabes que facer a fin de semana, ou festivo, ou no teu tempo libre ?? Entón ...
Ven Ver aVes con nós !!

Temos 5 rutas fantásticas (na Ribeira Sacra e na cidade de Lugo) para que pases un día divertido, para que disfrutes coa túa parella, cos teus amigos ou coa túa familia, en contacto coa natureza, descubrindo as aves do medio rural, os paxaros dos bosques e da ribeira.

En calquera destas rutas vas coñecer cousas asombrosas sobre as aves e vas levar imaxes para toda a vida

RUTA 1
Ver aVes en Ferreiros: unha ruta de iniciación para descubrir as aves mais características do ambiente rural nesta aldea do norte da Ribeira Sacra, ó pé do Camiño de Santiago
Foto: juan_e via photopin cc
RUTA 2
A combinación perfecta, Ver aVes + Camiño de Santiago: aproveita unhas horas do teu tempo libre para facer a etapa de Ferreiros a Portomarín pero enriquecendo a túa camiñada observando aves
Foto: liesvanrompaey via photopin cc
RUTA 3
As aves e o bosque na ruta do Loio: percorre os soutos do val do río Loio (Espazo Natural de Interese Local) e disfruta coñecendo as aves forestais, as árbores centenarias e o patrimonio humano do val
Foto: jd.echenard via photopin cc
RUTA 4
Espectaculares aves rapaces na serra do Páramo: lagarteiros, miñatos, águias, tartarañas, falcóns e moitas outras aves vante sorprender nesta ruta
Foto: ferran pestaña via photopin cc
RUTA 5
Ver aVes na cidade de Lugo: seguro que non sospeitas a gran variedade de aves que hai tan perto da muralla Patrimonio da Humanidade
Foto: rjime31 via photopin cc