Da natureza en xeral.
E de camiñar. De percorrer devagar as paisaxes próximas, por antigos camiños, deixando que os nosos sentidos se impregnen de cores, sons, olores, texturas, árbores, aves, ríos, muíños, aldeas, xentes
En Ven Ver aVes somos biólogos especializados en Interpretación Ambiental e Ecoloxía, e propoñémosche esta actividade de ecoturismo na que empregamos como fío conductor a observación de aves para que descubras o territorio, a natureza mais próxima, o noso patrimonio rural, os usos e costumes do pasado
Se queres que o teu tempo libre sexa diferente, Ven Ver aVes con nós !!
Queremos que reconectes coa natureza a través da observación de aves
Por unhas horas desconectarás do estrés habitual e vivirás na natureza unha experiencia tranquila, acompañado dos teus.
Descubrirás os paxaros que voan preto de nós, os seus costumes, os seus cantos, onde viven.
Todo elo ó mesmo tempo que practicas un gratificante e sinxelo exercicio físico apto para calquera membro da familia