Por qué Ver aVes

A observación de aves é unha actividade divertida que permite pasar un tempo agradable en contacto coa natureza.
É apta para calquera idade e pódese prácticar só, en parella, en grupo, cos nenos.
É unha actividade ó aire libre boa para calquera momento do día e para calquera época do ano.
E ademais non require de grandes gastos para poder practicala: incluso a simple vista (sen aparatos ópticos) pódense identificar moitas aves e recoñecer os seus cantos.
Quén non se relaxa escoitando a melodía do Tordo común (Turdus philomelos) ?

Foto: aigledayres via photopin cc
Sonido: Jordi Calvet XC102502
A observación de aves proporciona moitos beneficios á xente que a practica:

  • emoción e diversión: ser capaz de avistar un ave e saber darlle un nome supón un reto e unha satisfacción cando o logramos, e observar o seu comportamento  proporciona horas de diversión
  • potenciación das nosas capacidades: mellora a nosa capacidade de observación, a paciencia, a perseveranza, o interés e a apreciación pola natureza que nos rodea
  • coleccionismo: cada vez que somos capaces de identificar unha nova ave, satisfacemos ese coleccionista que todos levamos dentro
  • hábitos saudables: observando aves desconectamos do estrés e o tempo pasa sen que nos deamos conta realizando unha actividade de baixo impacto ambiental
  • exercicio físico: mentres vemos aves camiñamos ó aire libre e apenas somos conscientes do esforzo realizado porque estamos entretidos vendo e escoitando os paxaros
  • relacións sociais: sempre é bo xuntarse con xente que comparte o mesmo interés e preocupación pola natureza
  • entretemento familiar: a observación de aves coa familia permite estreitar as relacións ó estar compartindo unha actividade onde distintas xeracións son capaces de aportar diferentes experiencias

Dende Ven Ver aVes propóñemosche que te introduzas no mundo da observación de aves a través dos nosos servizos, para que che sexa mais doado superar as dificultades iniciais desta afección.