luns, 15 de setembro de 2014

... unha EMPRESA




Sorprende aos teus empregados e clientes cunha actividade anti-estrés que mellorará o voso benestar


www.flickr.com/photos/nimbuzz


A observación de aves camiñando por espazos naturais é unha actividade de ocio orixinaldivertida relaxante que vos permitirá desconectar durante unhas horas dos problemas habituais.



¿Por qué unha camiñada para observar aves na túa empresa?
  • porque é unha actividade diferente para axudar a crear equipo (“team-building”)
  • porque vos permitirá desconectar do traballo e reconectar coa tan necesaria natureza
  • pode mellorar a comunicación entre os teus empregados ou cos teus clientes ao enfrontarse a unha actividade inusual ao aire libre
  • pode axudar a mellorar a productividade
  • porque é unha experiencia ideal para recompensar a empregados e clientes especiais
  • porque é unha actividade que vos vai divertir e incluso enganchar, e aquí estou eu para cando queirades repetir :))
  • porque ides coñecer unha afección moi entretida e na que o tempo "pasa voando"




¿Cómo é a actividade de observación de aves que che ofrezo?


O que eu che propoño é media xornada (unhas 5 horas)  que se inicia cunha charla de introducción na que aprenderedes a manexar o material óptico e as guías de aves, e a continuación unha camiñada para identificar as aves que nos saian ao paso.

Durante a camiñada ornitolóxica verás como se poñen a proba os vosos sentidos para localizar as aves e entrenaredes as diferentes capacidades de detección (global e de precisión).
Teredes que practicar a vosa capacidade de comunicación cos demais membros do grupo sen asustar as aves.
Unha característica que potenciaredes será  a perseverancia para identificar algús individuos esquivos.
Ao mesmo tempo iredes entrenando a memoria visual e auditiva  a medida que se van observando especies xa identificadas durante a excursión.


un paxaro, a pica das árbores, pousado nunha póla de carballo
Algunhas aves, como esta pica das árbores, van poñer a proba a vosa capacidade de observación

Esta actividade podémola realizar nalgunha das rutas que eu realizo habitualmente por lugares de gran valor ecolóxico ou ben podemos coñecer as aves nalgún parque ou zona próxima á túa empresa.


Eu levarei o material óptico (uns prismáticos de gran calidade óptica para cada participante), o material gráfico e as guías para a identificación dos paxaros.
A actividade realízase en cada ocasión cun pequeno grupo (máximo de 7 participantes nun grupo) que nos permite unha perfecta atención a todos e que garante que non fagamos demasiado barullo que asuste as aves.



¿A quen vai dirixida esta experiencia “birdwatching”?



  • a empresas que queiran traballadores motivados, con gañas de coñecerse mellor, de traballar en equipo e de pasalo ben
  • aos teus empregados ou as súas familias, sorpréndeos cunha actividade na natureza que lles axudará a desconectar do estrés diario e que contribuirá a mellorar o seu benestar
  • a directivos moi ocupados e estresados, que terán un momento de desconexión e relax na natureza
  • aos teus clientes especiais, que van recibir un inesperado regalo que fará que teñan unha boa consideración da túa empresa
  • e, por suposto, a ti, o que manda na empresa, podes formar un grupo coa túa familia ou cos teus amigos e ter unha xornada de aventura na natureza



Se estás buscando unha actividade de ocio orixinal, divertida e relaxante que vos permita desconectar durante unhas horas dos problemas habituais e coller ánimos para enfrontar os retos dun xeito máis tranquilo, non dubides en chamar.

Seguro que podemos deseñar unha experiencia única para a túa empresa que lembraredes durante moito tempo.

E seguro que alguén se engancha á observación de aves camiñando pola natureza.




Se queres consultarme algo, pódelo facer dándome unha chamada (688 996 333) ou escribíndome un correo (xoan@venveraves.com)


Moitas grazas


Ven Ver aVes

Xoán Puente

Son guía de Sendeirismo Ornitolóxico. A miña misión é axudar a persoas amantes da natureza a mellorar o seu benestar a través da observación de aves en liberdade . Considero que o contacto coa natureza é vital para o teu desenvolvemento pleno e necesario para que desconectes do estrés da túa vida cotiá

0 comentarios :

Publicar un comentario