xoves, 18 de setembro de 2014

... unha ASOCIACIÓN



Se es a persoa que se encarga de programar as actividades para a túa asociación, seguro que estás desexando ter a túa disposición unha actividade nova e orixinal.

Pois ben, a observación de aves camiñando por espazos naturais é unha experiencia que se adapta perfectamente ás vosas necesidades.

Podemos deseñar distintos programas que se adapten ao que necesitas:


  • unha xornada de iniciación á observación de aves, se queredes simplemente coñecer en qué consiste esta afección, ou queredes celebrar algunha data especial como o aniversario da asociación, ou o día mundial do medio ambiente,....
  • un curso intensivo nunha fin de semana para coñecer as aves que hai nalgunha ruta significativa para vós
  • un curso que se extenda ao longo de máis tempo e que permita aos participantes acadar un nivel xa máis avanzado na identificación e coñecemento das aves

A observación de aves silvestres camiñando por rutas de gran valor ecolóxico é unha actividade apta para todos os membros da túa asociación, calquera que sexa a idade.




Estas camiñadas permiten realizar un exercicio físico suave, ao aire libre, desestresante

Ven Ver aVes

Xoán Puente

Son guía de Sendeirismo Ornitolóxico. A miña misión é axudar a persoas amantes da natureza a mellorar o seu benestar a través da observación de aves en liberdade . Considero que o contacto coa natureza é vital para o teu desenvolvemento pleno e necesario para que desconectes do estrés da túa vida cotiá

0 comentarios :

Publicar un comentario