mércores, 21 de maio de 2014

Tordo común na ruta para ver aves en Lugo


tordo-comun-con-bicada-de-miñocas-na-ruta-para-ver-aves-en-lugo
Tordo común (Turdus philomelos)

Hai un par de semanas, nunha excursión para ver aves en Lugo, puidemos ver na zona do parque de A Tolda como os tordos comúns (Turdus philomelos) andaban moi ocupados conseguindo no prado deliciosas miñocas para os seus poliños. Na foto temos a un deles coa bicada no seu peteiro. Non paraban de carrexar comida dende o prado ós niños que teñen no mais espeso da maleza.


mapa-localizacion-tordo-comun-ruta-para-ver-aves-en-lugo
Localización do tordo común no parque de A Tolda

Sempre me pareceron moi agarimosas este tipo de escenas e cando as presencio lembro os versos da canción "A Natureza" do grupo A Quenlla:


"...estou no delicado paxariño
que leva unha bicada pró seu niño
e a fame dos seus pitos calmará..."


 

Ven Ver aVes

Xoán Puente

Son guía de Sendeirismo Ornitolóxico. A miña misión é axudar a persoas amantes da natureza a mellorar o seu benestar a través da observación de aves en liberdade . Considero que o contacto coa natureza é vital para o teu desenvolvemento pleno e necesario para que desconectes do estrés da túa vida cotiá

0 comentarios :

Publicar un comentario